Os Socialistas de Oroso recollen as peticións dos clubs deportivos

O concelleiro de Deportes, Luis Rey, acompañado do secretario de Xuventude e Deporte da Executiva local, Jonathan Rey, e do coordinador do programa electoral , José Calvo, mantiveron onte unha reunión con representantes das escolas deportivas de Oroso para recoller de primeira man as súas demandas e necesidades de cara á redacción dos compromisos do PSdeG-PSOE de Oroso nas próximas eleccións municipais.

Luis Rey agradeceu a presenza de todos os asistentes e aproveitou a ocasión para explicar en que fase se atopan obras como o campo de fútbol de Oroso e o novo auditorio, que darán comezo en breve. Así mesmo, lembrou que “máis do 90 por cento do programa electoral das últimas eleccións está executado”. O responsable municipal de Deportes fixo tamén especial fincapé na “necesidade de coidar as instalacións deportivas; un ben material que é de todos”.

EncontroPola súa parte, os representantes das entidades deportivas demandaron melloras en diversas instalacións e espazos, e incidiron na necesidade de seguir fomentando todo tipo de prácticas deportivas.

O encontro, que se prolongou algo máis de hora e media, é o primeiro dunha serie de xuntanzas programadas polos Socialistas de Oroso coas asociacións e entidades veciñais do municipio para coñecer de primeira man as súas peticións.

Deixa un comentario