As Xuventudes Socialistas de Oroso levan a cabo unha campaña solidaria cos damnificados de Filipinas.

SOS FILIPINAS OROSO

Segundo as autoridades filipinas, xa se contan máis de 5.600 falecidos, máis de 26.000 feridos e unhos 1.700 desaparecidos polo tifón, que deixou 10 millóns de damnificados na rexión de Bisayas Oriental.

Coa finalidade de obter fondos para axudar aos afectados polo recente paso do tifón “Yolanda” polas terras filipinas, as Xuventudes Socialistas de Oroso levou a cabo unha campaña solidaria durante o día 7 de decembro na praza Isaac Díaz Pardo.

Baixo o nome de ‘SOS Filipinas’, a organización xuvenil socialista comezou a acción solidaria a través da venta de chocolatinas do comercio xusto para destinar todolos fondos obtidos a paliar as graves consecuencias deste fenómeno meteorolóxico, que causou unha gran desolación o pasado 8 de novembro na rexión central do archipélago filipino.

Segundo as autoridades filipinas, xa se contan máis de 5.600 falecidos, máis de 26.000 feridos e unhos 1.700 desaparecidos polo tifón, que deixou 10 millones de damnificados na rexión de Bisayas Oriental. Segundo o último informe do centro de desastres filipino, os danos superan os 514 millóns de euros, mentres que as casas dañadas superan o millón.

Desde Xuventudes Socialistas pretendese colaborar co pobo filipino a través da ONG Alianza por la Solidaridad, colectivo ao que se ofrecerá todo o recaudado con esta venta de chocolatinas. Esta campaña estase a levar a cabo coordinadamente ao longo do territorio galego e tamén do territorio nacional.

Deixa un comentario