“Os Socialistas de Oroso comprometémonos a dar as explicacións necesarias e así o fixemos”

O Grupo Municipal dos Socialistas de Oroso aclarou no pleno de onte todas as dúbidas relacionadas coas obras da igrexa de San Román de Pasarelos e criticou unha vez máis os enganos do voceiro popular de Oroso

“Comprometémonos a dar as explicacións necesarias e así o fixemos”, aclararon dende o grupo municipal dos Socialistas de Oroso tralo pleno celebrado onte.

Era un dos puntos a tratar, a instalación dunha tarima de 12 metros cadrados na igrexa de San Román de Pasarelos (por un importe de 1.010 euros + IVA), e motivo polo cal dende o PP anunciaron días atrás que ían solicitar un pleno extraordinario. “O seu voceiro non o fixo, supoño que por que nin sequera tivo o apoio do seu propio grupo. O PP sabe que non hai caso”, explicou o rexedor socialista Manolo Mirás.“Por incrible que pareza, o portavoz do PP mentiu unha vez máis cando dixo que ía pedir un pleno extraordinario”, engadiu.

Durante a sesión plenaria os socialistas aclararon de novo o erro. “Os traballos consistiron na instalación dunha tarima na igrexa de San Román de Pasarelos, pero a empresa que realizou a obra cometeu un erro na redacción da factura e en vez de igrexa de San Román puxo local social de San Román. Iso foi todo. E o único motivo polo que a Xunta de Goberno acudiu ao xulgado a declarar sobre este tema foi o erro na redacción da factura, tal e como recoñeceu a empresa. Todos os feitos quedaron aclarados no xulgado”.

Os enganos de Doval, unha constante

Non contento con enredar nun asunto que non ten percorrido, o voceiro do Partido Popular, Alexander Doval, mentiu de novo cando sinalou que non se lle respondeu á unha solicitude para incluír na orde do día do pleno ordinario de xaneiro, un punto no que o alcalde dese explicacións sobre as declaracións realizadas pola Xunta de Goberno no xulgado de Ordes.

Mentres el insiste no feito de que non se lle contestou, a realidade é que se lle enviou unha carta explicándolle que, como el ben sabe, “durante a celebración dun pleno ordinario ten a ocasión de facer os rogos e preguntas que considere oportunos”, e polo tanto de obter toda a información que desexe “nese momento”.

Na mesma carta, o grupo Municipal dos Socialistas de Oroso amosaba a súa disposición a celebrar un pleno extraordinario, renunciando a cobrar polo mesmo, para aclarar todas as dúbidas relacionadas coas obras da igrexa de San Román de Pasarelos”, apuntaron os socialistas.

Contestacion escrito

“É máis, temos o acuse de recibo de cando se lle enviou dita resposta á súa solicitude, pero vemos que o señor Doval é capaz de chegar coas súas mentiras ata onde el considere necesario”.

Acuse de reciboMoción sobre os PXE

En relación á moción levada ao pleno de onte polo grupo do Partido Popular sobre o proxecto de Presupostos Xerais do Estado, é necesario aclarar que non se puido debater porque non había copias.

“Non sabemos se por falta de outro tipo de iniciativas, se por desinterese, ou polo seu propio descoñecemento sobre o funcionamento da Administración, o caso é que o señor Doval non presentou en tempo a solicitude no rexistro –fíxoo ás 14.29 horas, tal e como aparece reflectido na solicitude– motivo polo cal os membros da corporación non dispoñiamos das copias necesarias para debatela”, aclararon dende as filas socialistas.

Por ese motivo, e tal e como se lle explicou en repetidas ocasións no transcurso da sesión plenaria de onte, a moción non se puido tratar e será debatida no vindeiro pleno. “Se non temos copia non podemos debater sobre algo que non coñecemos; igual o voceiro do PP si o pode facer porque a el dálle igual falar sobre o que non sabe, contar medias verdades ou directamente falsear a realidade; máis que nada porque é o que adoita facer”, engadiron os socialistas.

Coa súa actitude, o portavoz popular deu conta unha vez máis da súa incapacidade para xestionar a vida pública. Así o pon de manifesto o simple feito de que non sexa quen de presentar unha moción a tempo e, a sabendas diso, pretenda que se debata horas máis tarde en pleno.

Deixa un comentario