Satisfacción entre os Socialistas de Oroso tras coñecer a licitación da rotonda da praza da Foca por parte de Fomento

O alcalde de Oroso, Manolo Mirás, mantivo unha reunión co ministro Ábalos hai escasos meses onde adquiriu este compromiso, que en breve será unha realidade

Os socialistas de Oroso manifestamos a nosa satisfacción tras coñecer que o Ministerio de Fomento licitou hoxe a obra de mellora da intersección das estradas N-550 e C-3801 en Sigüeiro.

“Trátase dunha moi boa nova para todos os veciños, que en breve verán melloradas as comunicacións neste punto tan conflitivo para o tráfico a través da realización dunha rotonda, tal e como eu mesmo solicitei nunha reunión mantida co ministro de Fomento, José Luis Ábalos, hai escasos meses”, afirmou o rexedor de Oroso, Manolo Mirás.

Á esta boa nova hai que sumar a celeridade coa que se produciu, xa que “despois da reunión e de realizar as xestión oportunas, nun breve espazo de tempo de poucos meses Fomento licitou a obra”, engadiu Mirás.

Tal e como apuntan dende Fomento, a actuación permitirá mellorar a seguridade viaria e a capacidade de tráfico no casco urbano do núcleo de Sigüeiro mediante a transformación da actual intersección da Praza da Fonca nunha glorieta completa. O importe da obra é de 141.639 euros.

Felicitámonos por tanto polo bo resultado acadado tralas xestión realizadas polo noso alcalde e a rapidez coa que se produciu. Lembremos que en ocasións anteriores a mesma petición xa se lle fixo aos gobernos centrais do Partido Popular sen obter ningún tipo de resposta. Agora, a rotonda da Foca será en breve unha realidade.

Deixa un comentario