Os Socialistas de Oroso mostramos o noso pleno apoio á xunta de goberno de Oroso e rexeitamos as accións realizadas dende o PP local

Jonatan Rey, portavoz da agrupación socialista de Oroso:

Dende os Socialistas de Oroso mostramos o noso pleno apoio á xunta de goberno de Oroso e rexeitamos as accións realizadas polo Partido Popular de Oroso que, unha vez máis, xogan co benestar da veciñanza e das empresas locais.

Señor Doval, non todo vale. Unha vez máis pon por diante o seu afán de chegar á alcaldía antes que a poboación do noso concello, emitindo unha denuncia sobre un erro no título dunha factura, que por certo vostede xa coñecía dende hai dous anos. En vez de advertir ás persoas responsables preferiu sacar rendemento político, OUTRA VEZ, xogando co posto de traballo dos nosos veciños.

Deixe de enganar á veciñanza e faga unha oposición construtiva para que o noso concello poida seguir progresando.

Deixa un comentario