O sábado 1 de setembro, nova edición do Encontro Socialista na Penateixa

Encontro

Un ano máis, como adoita ser costume na nosa Agrupación Local, celebramos unha nova edición do Encontro Socialista na Penateixa. Nesta ocasión será o sábado 1 de setembro e, xunto ao Alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e a Secretaria Xeral do PSdeG-PSOE de Oroso, Vanesa Boo, contaremos coa presenza do Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, e do Presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso.

Todos os veciños e veciñas de Oroso están convidados a participar nesta festa, na que teremos un saboroso xantar (empanada e polbo), baile posterior a cargo do Trío Alborada e, por suposto, o mellor ambiente e compañía.

Todas as persoas que desexen acudir xa poden encargar e retirar as súas entradas nos números de teléfono 630 077 062 ou 630 080 288.

O encontro terá lugar a partir da unha e media da tarde na Área Recreativa da Penateixa. Contamos contigo!

Deixa un comentario