O Partido Popular de Oroso vota en contra da defensa dunha RADIO TELEVISION INDEPENDIENTE, e xustifica os recortes na programación e suspensión de programas comarcais de proximidade.

Pleno Voncello de Oroso

A manipulación dos medio e das noticias é cada vez mais evidente chegando as protestas dos traballadores que sofren continuas ameazas

O PP de Oroso xustifica a dirección da CRTVG e mesmo di que dende O Concello de Oroso non imos conseguir nada

Ás constantes denuncias dos profesionais pola manipulación informativa súmase agora a retirada das desconexións locais dos servizos radiofónicos das cidades de Coruña, Vigo, Lugo e Ourense, xa precedida da eliminación en 2010 das delegacións de Ferrol, Burela e Pontevedra. Os contidos pasarán a ser seleccionados desde a sede central da Compañía.

Mentres, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia destaca que “a información de proximidade ten que ser un dos piares básicos da función dos medios públicos”. Para o Colexio Profesional, a eliminación das desconexións resta independencia ás e aos redactores. Estamos, non caben moitas dúbidas, ante un intento do Partido Popular de controlar a información local a apenas uns meses antes das eleccións municipais.

27/04/2018. “A Xustiza condena á TVG por vulnerar o dereito a folga na mobilización feminista do 8M”

18/10/2017 (lumes). “Falan os traballadores da CRTVG: sentimos vergoña do tratamento informativo e pedimos desculpas”. “Algún día haberá repercusións penais por practicar a manipulación informativa”. “Os traballadores da CRTVG, contra a manipulación informativa dos lumes”. “O Comité Interempresas da CRTVG difunde un vídeo para amosar o seu rexeitamento ás prácticas manipuladoras da crise incendiaria”. “Nefasta cobertura da TVG aos recentes incendios segundo os traballadores da radio e televisión autonómica”

23/06/2016. “Persoal da TVG denuncia a brutal manipulación na información sobre Fernández Díaz”. Traballadores da cadea pública maniféstanse polo tratamento informativo do escándalo que envolve ao ministro do Interior tras non emitirse as gravacións, omitirse a versión da oposición e presentar ao PP como vítima.

E isto son tan só algúns dos titulares máis rechamantes, podemos entrar na manipulación cotiá.

Xa abonda de escusas, de declaracións altisonantes e mesmo groseiras: é imprescindible e urxente que a Xunta, que o PP, cumpran coa Lei de medios audiovisuais públicos de Galicia para que a nosa sociedade teña unha radio e unha televisión libres, imparciais, e independentes.

Deixa un comentario