O sábado, manifestación en Santiago para apoiar o rural galego

manifestacion

O pròximo sábado 18 de novembro, as 11:30 horas, haberá unha manifestación en Santiago convocada polo sindicato Unións Agrarias en contra do abandono do rural que está a facer a Xunta de Galicia. Na imaxe que acompaña estas liñas o sindicato agrario denuncia as principais mentiras da conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, que motivan esta mobilización.

Os Socialistas de Oroso apoiamos estas iniciativa, e sumámonos así ás demandas de Unións Agrarias, polo que estaremos nesa manifestación. Aqueles que queirades acompañarnos en Santiago, faremos a saída dende a sede da nos Agrupación Socialista ( Rúa Camiño Real) ás 10:45 . Avísade a compañeiros e compañeiras e achegados, porque o rural é cousa de todos.

Deixa un comentario