Oroso suprime o gasto de auga en regos e limpeza viaria en solidariedade co resto de concellos e como medida preventiva

hidrolimpadora

O secretario xeral dos Socialistas de Oroso e alcalde, Manolo Mirás, anunciou hoxe que desde o goberno local será suprimido o gasto de auga en regos e limpeza viaria, “en solidariedade e coherencia” cos concellos afectados pola escaseza de auga e as recomendacións da Xunta de Galicia e Augas de Galicia para o aforro deste recurso hidrolóxico.

Mirás destaca que polo de agora o municipio de Oroso non está a sufrir carencia de auga “excepto onde non chega a rede de abastecemento”, se ben xa no verán foron suspendidos os traballos de limpeza viaria coa hidrolimpadora en previsión do outono seco que se prognosticaba. Así pois, polo de agora os devanditos traballos proseguirán suspendidos.

Esta medida preventiva farase tamén extensiva a outras tarefas: “En solidariedade coa grande cantidade de concellos que están sufrindo este grave problema e as recomendación da Xunta e augas de Galicia vamos a suprimir todo gasto de auga en beirarrúas, regos, etc.”, explica Mirás.

Deixa un comentario