Comunicado dos Socialistas de Oroso de condena polo atentado de Barcelona

20840811_10159085123595004_1291803476266019873_n

Os Socialistas de Oroso sumámonos ao sentimento expresado polo PSOE Federal no seu comunicado de condena do atentado perpetrado hoxe en Barcelona, no que unha furgoneta impactou contra decenas de persoas que transitaban polas Ramblas. Como non podía ser doutra maneira, condenamos de forma rotunda e taxante este infame acto terrorista.

Desde aquí o único e máis importante que podemos facer é sumar as nosas vontades a prol da paz e da democracia, para lanzar unha mensaxe de unidade e firmeza nas nosas conviccións fronte á sinrazón do terrorismo. Trasladamos a nosa solidariedade ás vítimas e ás súas familias, así como a todo o pobo catalán, desde o convencemento de que contamos co bo facer de todos os corpos de seguridade do Estado e das distintas Comunidades Autónomas.

Os Socialistas de Oroso queremos contribuir a trasladar esta mensaxe chamando aos veciños e veciñas do noso municipio a que participedes na concentración convocada polo Concello para mañá venres, ás 12 do mediodía na Praza de Isaac Díaz Pardo, para manifestar cun minuto de silencio as nosas condolencias coas vítimas e a nosa condena unánime a todo acto terrorista.

 

 

Deixa un comentario