Non te perdas o próximo Encontro Socialista da Penateixa, o sábado 2 de setembro

festa2017

O vindeiro sábado 2 de setembro terá lugar unha nova edición do Encontro Socialista na Penateixa, que xa ten longa tradición na nosa Agrupación Local. Todos os veciños e veciñas de Oroso están convidados a participar nesta festa, na que haberá boa comida, baile posterior a cargo do Trío Alborada e, por suposto, a mellor compañía.

Cómpre destacar que os asistentes gozarán dunha abondosa e rica comida a cargo do restaurante A Magdalena (empanada, pulpo e carne), e a prezos moi populares para os veciños e veciñas do noso municipio: 10 euros adultos e 5 euros os nenos e nenas de ata 12 anos. No caso dos amigos e amigas de fóra de Oroso que queiran acompañarnos os prezos serán 20 euros para adultos e 12 para os nenos.

O encontro terá lugar a partir da unha e media da tarde na Área Recreativa da Penateixa. Contamos contigo! Encarga as túas entradas nos números de teléfono: 630 077 062 ou 630 080 288.

 

Deixa un comentario