Os Socialistas de Oroso solidarízanse co pobo de Góis na súa loita contra o lume

Os Socialistas de Oroso queremos manifestar a nosa solidariedade co pobo portugués pola traxedia que está a sufrir por mor dos graves lumes que afectaron a moitos pequenos núcleos de poboación. Neste contexto manifestamos a nosa particular preocupación polo municipio de Góis, emprazado no distrito de Coímbra, no que nestes momentos a poboación está a loitar cunha situación moi complicada causada polo lume.

Tanto o noso secretario xeral, Manuel Mirás, como o portavoz municipal e deputado provincial, Antonio Leira, puxéronse ao longo desta xornada en contacto cos distintos membros da Cámara Municipal de Góis, encabezada pola súa presidenta María de Lurdes Oliveira Castanheira.

Aplaudimos a decisión do Concello de pór a disposición da Cámara Municipal de Góis os seus medios para axudar no que sexa posible, así como a decisión da Xunta de Galicia de mandar efectivos de extinción para colaborar na loita contra o lume.

Deixa un comentario