Encontro Socialista na Penateixa.

A Agrupación Socialista de Oroso celebrará o vindeiro sábado, 14 de setembro, o ENCONTRO NA PENATEIXA. Un encontro aberto a todo o público na que será a súa VII edición.
Ao igual que en anos anteriores, o encontro terá lugar na area recreativa da Penateixa, onde terá lugar o xantar e a intervención do Alcalde de Oroso e Secretario Xeral da Agrupación Socialista de Oroso, Manuel Mirás Franqueira.

Todos aqueles que desexen acompañarnos deberán retirar as súas invitacións-tickets para o xantar antes do xoves 12 de setembro, podén recollerse na sede do partido (Camiño Real 11, 1ºD en Sigüeiro), ou chamando os teléfonos 698161672 ou 630077062.

Para o xantar serviremos Empanada – Polbo a feira – Xamón asado – Postre – Café e Licores.

Contamos coa túa presenza!!!… esperámoste na Area Recretaiva Penateixa o vindeiro día 14 de setembro á unha e media do mediodía.

Encontro Socialista na Penateixa.

Deixa un comentario