Os Socialistas de Oroso dan conta da súa xestión nunha asemblea en Senra

18556205_1487084808032898_6874908831445242949_n

O pasado martes, 16 de maio, os Socialistas de Oroso optaron por unha parroquia para celebrar a súa Asemblea Xeral. Foi o Local Social de Senra o espazo elixido para dar conta á militancia da xestión do goberno municipal e das últimas modificacións na súa composición (entre eles, o intercambio das responsabilidades de Comercio e Turismo, que agora corresponden a Vanesa Boo e a Antonio Leira, respectivamente). Informouse ademais da recente elección de Antonio Leira como membro da Executiva Provincial.

A Asemblea Xeral promoveu un intenso debate sobre a situación do partido e as eleccións previstas para o domingo, data na que na nosa Agrupación Local votarase en xornada de tarde. Fíxose ademais a elección de representantes para o vindeiro Comité Provincial, que recaeu en Manolo Mirás e Manuel Carrillo.

Como é habitual, durante a xuntanza houbo un espazo dedicado a que a militancia fixese as súas propostas ao respecto da política municipal, así como para facer as súas consultas sobre as próximas actuacións previstas polo Concello.

Deixa un comentario