O PP de Oroso non vota a favor da nosa moción pola continuidade do servizo de prevención de drogodependencias e xustifica “facer recortes”.

Antonio Leira Piñeiro

O pleno municipal de Oroso celebrado en xaneiro aprobou unha moción transaccional do PSOE co BNG para esixirlle á Xunta a recuperación do servizo de prevención de drogodependencias, que prestaba a Mancomunidade de Ordes a 560 nenos e nenas de Oroso. Un servizo que tivo que suprimirse o pasado mes de novembro pola decisión unilateral do señor Núñez Feijoo e do Partido Popular de suprimir a partida económica de 32.000 euros destinada a este plan.

No pleno, a moción que foi aprobada cos votos a favor de PSOE, BNG e Partido Galeguista, xa que o Partido Popular volveu a dar as costas aos veciños e volveu pensar en clave partidista. Só así se explica que votaran en contra de debatir a moción e que, ao final, preferiran absterse. Por iso, é lóxico que o noso alcalde e compañeiro Manuel Mirás lamentara a falta de unanimidade nunha cuestión que prexudica directamente a 560 nenos e nenas de Oroso, polo que criticou aos populares que fixeran “xogos malabares para absterse cando na Mancomunidade de Ordes todos os alcaldes, e aló hai tres do PP, aprobamos isto mesmo por unanimidade”.

E é que semellaba que nin o propio Balado estaba convencido do que dicía, pois foron tantas as veces que tatexou que pouco se lle puido escoitar no pleno. Iso si, xustificou os recortes do PP dicindo que: “non voto en contra, abstéñome porque a necesidade obriga a facer recortes”. Pero o máis indignante foi cando suxeriu que os profesores dos colexios e as familias poderían implicarse máis en tarefas de prevención ou que a propia TVG podería apoiar, por exemplo, non emitindo películas de traficantes.

Dúas propostas que foron duramente criticadas no pleno. Así, o voceiro do BNG, Xosé Manuel Pérez, lembrou que “non emitir películas de traficantes non é a solución. Ocultar a realidade non significa que non exista”. O noso voceiro, Antonio Leira, foi máis aló, e ensinou dúas cartas asinadas polas directoras do colexio e do instituto de Oroso nas que piden o mantemento do servizo xa que “ademais do técnico, desapareceu tamén o material didáctico das aulas, polo que os profesores tampouco poderían impartir ese servizo”. Como ben asegurou Leira, “estamos falando dun problema de saúde, dun  problema educativo e de prevención, pois a retirada deste servizo é un golpe do Partido Popular a o estado de benestar na comarca”.

Descargar (PDF, 706KB)

Deixa un comentario