Despedida da campaña en Oroso, previa á festa mitin de Santiago

whatsapp-image-2016-09-20-at-09-30-35

Os Socialistas de Oroso celebraremos na tarde de hoxe, venres 23, un acto político no Centro Cultural de Sigüeiro que dará comezo ás sete e media da tarde. A campaña electoral será despedida no noso municipio cun encontro no que participarán o noso secretario xeral e alcalde, Manolo Mirás; a candidata nº 2 pola provincia da Coruña, Begoña Rodríguez Rumbo; e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso.

Este acto político será o preludio orosán para o peche de campaña, que será centralizado en Santiago, no Paseo Central da Alameda. Alí terá lugar unha festa mitin coa participación do candidato socialista á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, e o secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez. Agárdannos música, chocolatada e moi boa compaña neste encontro compostelán. Os que desexedes asistir tedes á vosa disposición un autobús que saerá de Sigüeiro despois do acto no Centro Cultural.

Imos difundir hoxe entre todos a nosa mensaxe por Unha Resposta Nova!

Deixa un comentario