Entrevista a David Garabal, Secretaría de Medio Ambiente e Infraestruturas.

Eduardo Veiras e David Garabal

Fuches unha das caras novas na candidatura aos comicios municipais, que che motivou agora a dar o salto á Executiva da Agrupación Socialista de Oroso?
Creo no proxecto Socialista que esta Executiva plantea para Oroso, e se queremos que funcione, debemos comprometernos e traballar xuntos. Neste difícil momento polo que atravesa o país (e Oroso non é unha excepción), toca arrimar o ombro e remar todos xuntos: Compañeir@s da executiva, militantes e simpatizantes que queiran unirse, contamos con eles para loitar por e para os cidadáns do noso pobo.

Chama especialmente a atención a entrada de catro mozos e mozas orosáns na Executiva, que practicamente baixou a media de idade á metade. Que podedes aportar estas novas incorporacións?
ser xoven ou maior, home ou muller non é o que realmente importa, senon a capacidade e vontade de traballo, aportar novas ideas e traballar por e para Oroso

Falabamos antes de que sorprende a xuventude da Executiva do PSOE de Oroso, sobre todo nun contexto no que se adoita dicir que á mocidade non lle interesa a política. Pensas que é así?
Como podemos comprobar non é exactamente así no PSOE de Oroso, a xuventude é o futuro e así o demostrou a militancia co seu voto nas eleccións desta Executiva. Aínda que tampouco podemos obviar que exista un malestar da cidadanía (xóvenes e maiores), en certo modo lóxica polo modo de actuar de “algúns personaxes” mal chamados políticos. Pero non por eses poucos, debemos desprestixiar a función que realizan miles de persoas no noso país que día a día traballan para que teñamos un salario digno, unha sanidade e unha educación 100% públicas, etc…

Ocupas a secretaría de Medio Ambiente e Infraestruturas da Agrupación Socialista de Oroso. Nestes tempos de crise económica, podemos dicir que che “tocou bailar coa máis fea ou hai posibilidades de actuacións en Oroso?
Na actual situación económica, en calquera secretaría se require un esforzo extra, máxime cando o goberno central e autonómico nos cerraron o grifo “ao bestia”. Pero eso non quita que dende esta posición traballemos para na medida do posible se manteña os servizos que estimamos esenciais como, por exemplo, reclamarlle ao Sr. Feijoo que manteña as medidas contra-incendios.

Grazas a esa previsión da que falas coa que actuou o alcalde e compañeiro Manuel Mirás, que proxectos consideras capitais para o que resta de lexislatura?
primeiro é dar a coñecer a cidadanía a política de recortes levadas a cabo polo goberno central e autonómico e a estafa electoral producida ao imcumprir integramente o programa electoral que os cidadáns votaron. Debemos loitar para que esta crise non a paguen os que menos culpa teñen. Austeridade si, pero non a calquera prezo.

Deixa un comentario