As Xuventudes Socialistas de Oroso organizan un torneo de FIFA 13 para os mozos e mozas do Concello de Oroso.

As Xuventudes Socialistas de Oroso quixeron aportar o seu pequeno gran de area ás festividades que organizaba o Concello de Oroso no día da cabalgata de Reis, o pasado domingo 5 de Xaneiro do 2014.
Deste xeito, os xóvenes socialistas orosáns prepararon un torneo de FIFA 13, no recen inaugurado Centro Cívico de Sigüeiro. O evento reuniría a máis de 30 xogadores de tódalas idades que pasarían a tarde xogando e competindo cos mandos da PS3 co obxectivo de pasalo ben e intentar facerse con algún dos premios.
Para a máxima igualdade, a organización do evento dividiu aos participantes en dúas categorías: a infantil (para os menores de 13 anos) e a sénior (para os maiores de 14 anos).
Tras horas de competición e de xogar eliminatorias, os finalistas da categoría Sénior foron: Alejandro Rama Calviño (2º Posto) que se faría co xogo para a PS3 Hitman Absolution, e Alberto Rodríguez Cépeda (1º Posto) que foi premiado co FIFA 14 tamén pasa a PS3. Na categoría infantil o primeiro e segundo posto foi para Alberto Fernández Fuentes e Rubén Feijoo Díaz, respectivamente. Alberto acadaba o FIFA 14 (PS3) e Rubén o WRC 3: FIA World Rally Championship (PS3).

Parabéns os gañadores!

Deixa un comentario