Non te perdas a nosa festa de peche de campaña

cartel-peche-campana

Xa non queda nada… Mañá venres, a partir das nove e media da noite, os Socialistas de Oroso celebraremos na Alameda de Góis de Sigüeiro a festa de peche de campaña. Vanesa Boo Martínez, número 2 da candidatura, será a encargada de abrir un acto que contará tamén coas intervencións dos concelleiros Antonio Leira e Luis Rey, antes do discurso final de campaña que ofrecerá Manolo Mirás.

Esta xornada festiva estará amenizada a partir das seis da tarde con inchables e xogos para os nenos e nenas, con servizo de gardería incluído. Haberá tamén despois do mitin un ágape para intercambiar opinións cos veciños e veciñas e celebrar o final de 15 días de esforzo informativo para transmitir o programa socialista a todos os puntos do municipio.

Deixa un comentario