O mércores 20, acto electoral en Vilarromarís

cartel-vilarromaris

A campaña informativa que os socialistas están facendo para divulgar o seu programa entre a cidadanía recalará mañá, mércores 20 de maio, en Vilarromarís. Nesta parroquia o acto electoral contará coas intervencións do candidato e alcalde, Manolo Mirás, o actual concelleiro de Medio Ambiente, José María Castro, e da veciña da parroquia e integrante da candidatura Encarnación Jiménez. O acto dará comezo ás nove e media da noite e incluirá un ágape posterior para que os asistentes poidan falar informalmente cos membros da candidatura socialista para consultar as súas dúbidas e intercambiar opinións sobre os proxectos para a parroquia.

Deixa un comentario