Acto electoral en Trasmonte o martes 19

cartel-trasmonte

A xornada dos Socialistas de Oroso de mañá, martes 19, terá o acto electoral en Trasmonte, no local social, a partir das nove e media da noite. Contará coa participación da veciña de Trasmonte e actual concelleira de Muller e Sanidade, María del Carmen Liste Raña, e do alcalde e candidato á reelección, Manolo Mirás. Os asistentes están convidados a un ágape posterior no que poderán consultar as súas dúbidas ao alcalde e intercambiar opinións sobre o programa electoral que propoñemos os Socialistas de Oroso.

Deixa un comentario