Acto electoral en Marzoa mañá, luns 18

cartel-marzoa

A campaña electoral dos Socialistas de Oroso entrará mañá, luns 18, na súa recta final. Os actos dos cinco últimos días de campaña arrincarán en Marzoa. O encontro coa veciñanza desta parroquia terá lugar no local social a partir das nove e media da noite, e contará coas intervencións do veciño de Marzoa e actual concelleiro Jaime Carneiro, e do alcalde e candidato, Manolo Mirás. Coma vén sendo habitual, posteriormente haberá pinchos para compartir entre todos e ter a oportunidade de conversar e intercambiar opinións sobre as propostas do PSdeG para a parroquia.

Deixa un comentario